miércoles, 16 de enero de 2013

"As Lagoas" mentais dalgúns concelleiros

Hoxe vou falar dun novo exemplo do tripartito na aplicación do rodillo, e do estilo “digo unha cousa, fago a contraria”. Nesta ocasión, foi para aprobar a suba das taxas da Escola Infantil “As Lagoas”, coas as que o 60% dos usuarios van pagar máis.


Vou trasladarvos algúns dos argumentos de pais e nais de usuarios da escola infantil nas súas alegacións ás taxas do tripartito, que non foron tidos en conta nin mereceron o máis mínimo comentario no debate por BNG-EU-PSOE:


“Me obligaría a retirar a mi hijo, no creo que sea justa”. “Expreso mi disconformidad con las tarifas, me parece exagerada. La revisión de tarifas en base al IPREM no se aplica con ocho tramos sino con cuatro y mucha gente se ver perjudicada”.“En caso de hacer efectiva esta subida me veré en la obligación de prescindir de este servicio”, “Paréceme excesiva, eu traballo cunha reducción de xornada e ao mellor véxome obrigada a sacar a nena da Escola e ao meu pesar, xa que para min é unha axuda e ela vai encantada”. “Os tramos do IPREM polos que se aplican as cuotas non coinciden coas publicadas no Decreto 49/2012, pasando de oito a catro tramos. Nin tampouco coinciden cos vixentes no momento en que matriculei ao meu fillo”.
E así sucesivamente.. Esta é a realidade e non outra. 




Aquí tedes o Pleno no que, no seu primeiro punto, tratáronse as alegacións á nova taxa da Escola Infantil, e que finalmente aprobaron os tres grupos da troika.


¿Queredes saber qué dixo no Pleno o Sr. Bouza, 1º Tenente Alcalde, Voceiro do BNG e presidente da Comisión de Facenda? Esta é a súa intervención íntegra, e por certo, única que fixo sobre as taxas da Escola Infantil en todo o debate:
Sr. Bouza Rei: “Bueno, bon día. Si, veñen ditaminadas desfavorablemente todas as alegacións da comisión, e entón, como aparte de ser alegacións de usuarios e usuarias da gardería, pois como tamén hai alegacións do Partido Popular, neste caso, e da non adscrita, a concelleira Mónica, pois lles cedo a palabra por si queren facer intervencións sobre en que consisten as alegacións.”.


Que  teña 18 alegacións (dun total de 39 usuarios que ten a gardería), e que o único que teña que decir sexa esto…
¿Non ten nada que decir na defensa da súa proposta de taxas logo de 18 alegacións? (a realidade é que a proposta era de EU).
¿Non ten nada que decir, nada que respostar ás múltiples preguntas e comentarios que se fixeron no Pleno?
Parece que non, ¿e sabedes porqué? Pois porque xa estaba todo feito e decidido. A actitude do Sr. Bouza é “que falen, que para o caso que lles imos facer….” Tanto lle da que o fagan pais e nais, que o faga a oposición, ou o sursuncorda.


Sobre a intervención da voceira de EU, Sra. Pilar Díaz, voume extender un pouco máis. Porque postos a decir as cousas que di, ao mellor é máis recomendable calar como fai Bouza, que falsear como fai ela.


Aquí tedes o cadro do que falo no Pleno. Está calculado en función dun informe de intervención co que non comparto algunha das valoracións como dixen no Pleno (pero é o único que estaba no expediente), e por suposto tendo en conta as bonificacións que xa teñen os usuarios actuais.
Do que vedes, as tres columnas da dereita son as máis importantes: en amarelo a mensualidade coa taxa actual, en azul a mensualidade coa nova taxa, e en vermello a diferencia ao mes entre unha e outra. (o resto é a explicación de cada suma, son os datos desagregados. Non se inclue na mensualidade a matrícula, obviamente).


Así, a conclusión é que, por moito que BNG-EU e PSOE neguen a realidade:
8 usuarios van pagar menos ao mes, 8 van pagar o mesmo, e 23 van pagar máis.
Conclusión: o 60% dos usuarios van pagar máis.


Dos 23 que van pagar máis: 8 van pagar entre 0-25€ máis ao mes, 5 entre 25-50€ máis ao mes, 3 entre 50-70€ máis ao mes, e 7 entre 75-100€ máis ao mes.
Conclusión: 17 usuarios van pagar mínimo 275€ máis ao ano.


Di a Sr. Pilar Díaz, voceira de EU, nun momento do Pleno: “É verdade que estamos nunha situación complicada económica, e é verdade que por iso esta proposta é moito máis beneficiosa para a xente que ten menos rendas que a que estaba en vigor.”


Mirade o cadro outra vez aquí,concretamente a columna que está en vermello. Ai tedes a proba de que esto que di Pilar non é certo.  Hai alguén co 121% do IPREM de renda per cápita que vai pagar menos (25€ menos ao mes), e esa non é precisamente unha das rendas máis baixas. En cambio, unha familia co 84% do IPREM de renda per cápita, vai pagar 3,5€ máis ao mes, e outra co 101%,pagará 10 € máis ao mes.
E hai un caso, do que falei no Pleno, que non é a renda máis alta, nin moito menos, que ten o 132% do IPREM de renda percápita, que vai pagar 1.000€ máis ao ano do que pagaba.

Agora, que veña o Sr. Bouza, e lle fale do esforzo do Concello… e a Sra. Pilar Díaz, que fale do beneficiosa que é a nova taxa para os usuarios.

Ou mirade estoutro que contou a Sra. Pilar Díaz no Pleno: “por que quero lembrar que a taxa foi conxuntamente, ou está incorporada ao prego de adxudicación da Escola Infantil . E polo tanto hai unha vinculación importante e hai unha diminución importante da contribución que vai a ter que facer o Concello”.

Xa, entón o Concello vai contribuir menos, e os pais/nais van contribuir máis…¿Adivinade cal é a excusa esta vez? Efectivamente, unha vez máis, a disminución da subvención. Unha vez máis, non xestionan como é a súa obriga, porque eso ten un prezo político que non están dispostos a asumir.
E vos pensaredes “ pois o prezo político que ten subir os impostos, non é pouco”. Efectivamente, así que imaxinade a “pereza” que lles da xestionar ben.

Volvo propoñer o que propoño sempre:
Non fai falta subir as taxas, con cobrar as que xa tiñamos á xente que ten que pagar e non paga, chegaría. Hoxe vou poñer o exemplo dos sumidorios: no 2011 (último exercicio pechado) recoñecéronse dereitos por 76.978,77€, e cobráronse 53.524,55€. Esto quere decir que deixaron de cobrarse 23.545,22€. Esto quede decir que deixouse de cobrar o 30% do que se debía cobrar.
¿De verdade fai falta subir as taxas da escola infantil?
2º Se houbese negociación e claridade non pasaría esto. Eu, polo que falei cos pais/nais, en xeral non estaban en contra da suba. Estaban en contra dunha suba pouco progresiva. Lóxico, cantos menos tramos hai nunha ordenanza, menor adaptación da taxa á realidade económica do usuario.

Por certo, cando a Sra. Pilar Díaz, voceira de EU di esto: “E en segundo lugar lembrar que a Escola Infantil non é unha competencia municipal. É unha aposta que se fixo no seu momento, que fixo o Concello en Pleno, que se segue a manter pero que non é un servizo de competencia municipal…”.
Pode decirse que: ou minte, ou non di a verdade, ou non coñece a realidade...
Ou igual é que se minte na web do Concello, mirade aquí
Ou na adxudicación do contrato da Escola Infantil a FESAN, que podedes ver aquí, e onde se fala da “necesidade de prestar o servizo público da Escola Infantil Municipal As Lagoas” e do “contrato de xestión e explotación do servizo público municipal”.

¿Sabedes como se chama a taxa?: Ordenanza fiscal nº 13 reguladora da taxa pola pretación dos servizos da Escola Infantil Municipal “As Lagoas”.
¿Sabedes a quén lle aboades ás taxas? Á empresa contratada polo Concello. ¿Onde vos matriculades? No Concello. ¿Sabedes quen fai a lista de admitidos e excluidos? O Concello. Cando xestionades unha baixa ou pedides unha bonificación, ¿con quén falades? Co Concello. ¿É un centro privado? Non. ¿É un centro da Xunta? Non. ¿É un centro do Estado? Non.

Pois se non é estatal, nin autonómico, nin privado; se xestiona o Concello as taxas, xestiona o Concello os admitidos/excluidos, xestiona o Concello o contrato de explotación,  e chámase Escola MUNICIPAL As Lagoas.....vai ser qué é competencia municipal.

Antes de ler a intervención do PSOE, non esquezades esto que dixo a Sra. Pilar Díaz, voceira de EU: “Pero si, é verdade, o (Decreto) da Xunta contén oito (tramos), e eu creo que habería que pararse a reflexionar un momento, por que non é de obrigado cumprimento, e que non é de obrigado cumprimento (o Decreto) salvo no límite superior”

Agora vou coa intervención do voceiro do PSOE no Pleno. Transcribo íntegra a súa intervención no Pleno, porque non sei seleccionar os "mellores momentos".(Entre paréntesis e en cursiva, comentarios pola miña parte que non podo reprimir):
Sr. Bujones Coto : A ver, bos días a todos. Nós imos a votar tamén en contra de tódalas alegacións. E simplemente facer unha pequena reflexión, por que eu non sei si lles ocurriu a outros grupos municipais, pero a nós si. No noso despacho estiveron usuarios da piscina que viñeron… perdón, da piscina, da gardería, que se viñeron a queixar que lles deron mala información e de que querían retirar as alegacións que presentaran á taxa da gardería (¿querían retiralas pero non o fixeron?¿Cando quixeron facer as alegación puideron, pero cando quixeron retiralas non? Que raro). E iso nos pasou a nós, eu non sei os demáis, que falen por eles, como xa o fixeron, e me parece estupendo, pero a nós non estiveron un, nin estiveron dous, estiveron máis persoas que viñeron a xunto de nós a dicirnos que querían retirar as alegacións por que se sentiron enganados por quen lles dera a información. Repito, é un feito constatable. É un feito constatable (¿é un feito constatable que un diga que foi xente ao seu despacho, e que un diga que lle dixeron que querían retirar a alegación, pero non a retiraron; e que esas supostas persoas que supostamente foron ao despacho a supostamente decir eso, non fixeran un escrito por rexistro para retiralas? A min dixéronme que Osama Bin Laden, Jesús Gil e Elvis Presley están os tres vivos nunha isla. Tamén é un feito constatable). Ben, unha vez dito isto, dicir tamén que estamos metidos nesto por un decreto da Xunta de Galicia. Estamos metidos nesto por un decreto da Xunta de Galicia (¿pero non di a Sra Díaz que o Decreto da Xunta non é obrigatorio?). E dicir tamén, que as alegacións presentadas, unha gran parte delas, se queixan fundamentalmente da suba do comedor. Miren, na anterior ordenanza que tiña en vigor este Concello, a taxa máxima do comedor era de 33 euros. E o Partido Popular, que goberna a Xunta de Galicia, a través deste decreto dinos que ten que ser de 70 (pero ¿o Decreto é de obrigado cumprimento?) . É dicir, o 110% máis. O 110% máis, entón empecemos a ter claro de onde veñen as cousas ¿eh?. Por outra banda aquí se dixo que non había que adaptarse, que non era de obrigado cumprimento adaptarse ao tal, aquí eu teño un informe da psicóloga municipal do 24 de agosto, que nun parágrafo di que: “é preciso modificar a ordenanza fiscal en consonancia co Decreto 49/2012” (cando o informe o faga o Secretario Municipal, falamos. Pero se non queredes esperar ao informe do secretario, pode lerse o Decreto da Xunta aquí). Polo tanto dicir que non nos temos que adaptar a este decreto penso que é faltar á realidade(¿quen falta á realidade, a Sra. Díaz? perdínme).

Para ir máis rápido. O decreto di, textualmente no seu primeiro artigo: “Apróbanse as contías dos prezos públicos correspondentes aos servizos prestados nas escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar que figuran no anexo do presente decreto”

Antes xa quedamos en que era municipal, ¿non?
Pero se queredes outra proba máis, ide aquí, poñede 15.620 que é o código postal da Escola Infantil de Mugardos, e mirade a ver se aparece. Non vai aparecer, poque non é un centro da Galiña azul.
Ou mirade aquí se o Concello aplica os criterios que aparecen para acceder a súa esola infantil, cos modelos de solicitude correspondentes. O concello non os aplica, porque non é un centro da Consellería de Benestar e traballo

É tan evidente que o Decreto non é obrigatorio, que as taxas aprobadas por BNG-EU-PSOE utilizan os prezos máximos do Decreto (repito, máximos, non eran obrigados, eran os prezos máximos que podían fixarse, podían fixarse outros inferiores), pero limitan os tramos de prezos a 4 (eliminan progresividade, poderían fixar 6 tramos, 8 tramos ou 25 se quixeran).

E como derradeiro razonamento lóxico, se aprobamos esta taxa no mes de decembro, e o curso empezou en setembro, ¿estabamos incumprindo un Decreto da Xunta dende facía meses?

Outra cuestión é que se fagan inspeccións por parte da Consellería de Benestar, que o Concello teña que remitir información sobre a escola,ou cumprir os criterios de seguridade, etc. Pero eso non é ter unha escola dependente da Consellería. Eso é cumprir a normativa dunha administración de rango superior. Tamén temos que respectar a normativa contable e non estamos intervidos polo Estado,¿non?

En resumo,  a Sra. Pilar Díaz, voceira de EU, di que a suba non é polo Decreto da Xunta, o Sr. Gabriel Bujones, voceiro do PSOE di que a suba é polo Decreto da Xunta… O Sr. Bouza, voceiro do BNG, non di nada, porque penso que non sabía nin do Decreto que estabamos a falar.

BNG - EU - PSOE votan en contra de todas as alegacións, con argumentos diametralmente opostos e contraditorios.

¿Non será que votaron contra as alegacións porque a suba foi porque eles quixeron e punto? A suba foi porque non saben nin queren xestionar ben. Porque por regla xeral tiran sempre polo camiño máis doado, sin pensar nas repercusións que para os veciños ten unha suba deste tipo na súa economia.

Aquí tedes unha proba máis de que din unha cousa e fan outra. Teñen un discurso, pero os actos son  máis propios do que critican do Goberno do Estado, que das pancartas coas que se manifestan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario